Como cada 25 de xullo dende o ano 1919, data acordada na segunda Asemblea da Irmandades da Fala celebrada na cidade de A Coruña, vense conmemorando o Día nacional de Galicia que a partir dos anos sesenta se denominou Día da Patria Galega.
Houbo momentos da historia que a celebración estivo prohibida, nomeadamente nas ditaduras de Primo de Rivera e Franco pero, mesmo nestes períodos, dun ou doutro xeito moitos galegos galegas foron quen de seguilo celebrando ata a chegada da democracia que rematou coa prohibición.
Pero non só se celebra no país, tamén na diáspora os galegos ou os seus descendentes seguen mantendo o facho aceso da galeguidade, como o amosa o cartel da fotografía que hoxe traemos a portada, que é o da celebración das galegas e galegos de Venezuela dun Día da Patria Galega de hai uns anos.
Feliz xornada a todos e todas “ os bos e xenerosos”