" />

Disoltas dúas festas en Lugo durante a fin de semana

Efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo interviñeron en dúas festas de mozos que levaban a cabo nun piso da Avenida de Madrid e nun baixo dun edificio da rúa San Roque. Na primeira festa, ás 1:30 da madrugada detectaron 8 persoas non conviventes no interior da vivenda, polo que levantaron 8 actas de denuncia por infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá, con multas de 601 a 30.000 euros. 

Na segunda festa, ás 2:20 da mañá, había 10 persoas tamén non conviventes no interior dun baixo, montando unha mesa para as bebidas con equipo de música e altofalantes. A Policía Local denunciou as dez persoas por infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá, con multas tamén de 601 a 30.000 euros. 

Os axentes acudiron a estes lugares polas denuncias dos veciños debido ao ruído que proviña do seu interior e que imposibilitaba o descanso. Así mesmo 18 persoas que se achaban nestas festas, incumpriron tamén o toque de queda polo que tamén foron denunciadas enfrontándose a outra multa das mesmas características.

 Desde a Policía Local de Lugo lembran que, dende o pasado 4 de decembro a limitación de permanencia de grupos de persoas en espazos públicos ou privados queda restrinxida a 4 persoas non conviventes. Así mesmo mantense a prohibición de circular pola vía pública entre as 11 da noite e as 6 da mañá.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo