" />

Dous feridos nunha colisión entre dúas furgonetas e un autobús escolar en Lugo

Os feitos tiveron lugar esta maña ao redor das 8:00 horas á altura do punto quilométrico 85, ao paso pola parroquia de Rubiás.

No suceso víronse involucrados dúas furgonetas e un autobús de transporte escolar. Ningún dos catro adolescentes que ocupaban o ómnibus resultaron feridos. Os ocupantes das furgonetas sufriron feridas leves e foron trasladados ao Hula.

Nada máis ter constancia dos feitos ao recibir a chamada de alerta dunha persoa particular, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Lugo e dos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Ademais, para colaborar nas labores de restitución da seguridade na vía, desde o 112 informouse á Policía Local, aos voluntarios de Protección Civil de Lugo e ao servizo de mantemento das estradas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo