Ediles socialistas inician contactos cos traballadores das concellarías para poñerse ao día

Os novos concelleiros do PSdeG-PSOE de Lugo iniciaron hoxe os seus primeiros contactos cos traballadores das súas respectivas concellarías.

Así, o ex concelleiro Daniel Piñeiro explicoulles aos responsables de Medio Ambiente, Alvaro Santos; e Urbanismo Sostible, Miguel Couto, como quedan as áreas de Desenvolvemento Sostible, das que foi responsable no anterior mandato.

Ademais, presentoulles aos traballadores dos distintos departamentos. Tamén os acompañou Mauricio Repetto, concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego. Medio Ambiente, Urbanismo Sostible e Desenvolvemento Local e Emprego intégranse nunha das novas macroáreas do novo Goberno: Area de Desenvolvemento Local Sostible.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo