" />

Educación abre o prazo para solicitar axudas para material escolar e libros

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional abre o prazo para que as familias soliciten a súa participación no Fondo Solidario de Libros de Texto, ou ben as axudas para a adquisición de libros de texto, e de vales para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos, para o próximo curso escolar 2020/21.

O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto desde maña, 20 de maio, ata o próximo día 19 de xuño, tal como establece a convocatoria que pode consultarse no Diario Oficial de Galicia de hoxe.

As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica (preferentemente) empregando a aplicación informática “fondolibros”  ( https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, ou ben  presencialmente nos propios centros docentes, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo