" />

Elena Candia criticou que a Deputación de Lugo sexa a peor pagadora de todo o territorio español

O Grupo Provincial do Partido Popular criticou esta mañá que a Deputación de Lugo sexa a peor pagadora de todo o territorio español como así demostran os datos do informe do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas de novembro de 2016 que veñen de facerse públicos.

A voceira do PP, Elena Candia, explicou en declaracións aos medios antes do inicio do Pleno da deputación que tivo lugar hoxe que “aínda non houbo comisións informativas e estamos cun goberno sen proxecto, sen orzamentos e que puidemos comprobar este fin de semana como batemos o récord e nos situamos como a Deputación peor pagadora de España”.

Segundo explicaba Candia, “este  é o balance que podemos facer, moi descontentos da acción de Goberno e con esa situación inexplicable de que non entendemos cal é a razón pola que non se traen uns orzamentos”. A voceira explicou que a oposición fixo o seu traballo “Puxemos enriba da mesa as nosas propostas, pero en fronte non temos nada, por ter nin temos os datos do remanente de tesourería a pesar de pedilos xa hai dous plenos. Por un lado ou se nos oculta algo grave ou se descoñece, o que parece aínda máis grave”, incide.

Candia destacou que o dato desta fin de semana é o suficientemente grave e evidencia e existencia dun mal goberno ou dun desgoberno.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo