Emevé, Ensino, Breogán e Cristian Toro, premiados pola Deputación

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, informou que o Executivo Provincial aprobou en Xunta de Goberno premios dun total de 105.000 euros ao Club Voleibol EMEVE, o Ensino CB, o CB Breogán e a Cristian Toro, pola súa pola súa excelencia, premiando o seu esforzo deportivo e os éxitos acadados na pasada tempada. Rivera Capón explicou que “facémolo porque, ademais de seres deportistas dun altísimo nivel, que xa teñen demostrado en competicións a súa capacidade deportiva, son os mellores embaixadores que a provincia pode ter. Todos os lucenses, estamos orgullosos de que estes profesionais leven o nome de Lugo e da nosa provincia por todo o territorio nacional e estranxeiro”.

Son 25.000 euros para o Club Voleibol Emevé polo ascenso á Superliga, 25.000 euros para o Ensino CB polo ascenso á Liga Dia, 50.000 euros para o CB Breogán SAD polo ascenso á ACB e 5.000 euros para Cristian Toro Carballo, por seren o único medallista olímpico da provincia en activo, que suman un total de 105.000 euros

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo