O Emevé xógase a fase de ascenso cara a máxima categoría nacional

O Club Voleibol Emevé está inmerso nun dos mellores momentos da tempada 2017/2018. E é que os dous equipos da Superliga 2 xóganse a fase de ascenso para ascender á máxima categoría do voleibol nacional.

Este fin de semana, toca rememorar as dúas finais da Copa Princesa e Copa Príncipe. Este sábado ás 18:00 horas no Pazo Municipal dos Deportes, son as mozas as que comezan o camiño da fase de ascenso á liga Iberdrola contra un vello coñecido como o Madrid Chamberí. Con este encontro o equipo lembrará a final da Copa Príncesa deste ano.

Un partido sutil para os dous conxuntos, no que o gañador non está nada claro. As lucenses parten coa vantaxe de xogar en casa, un punto que pode favorecer no marcador para as locais. Jose Vale, conta cun conxunto xoven de xogadoras capaces de realizar unha boa fase de ascenso. O septeto inicial podería ser o formado por Carmen Saa, Laura Villasante, Lucía Prol, Alba Pizarro, Irene Yañez, María Aguiar e Eliana González (Líbero).  E como suplentes para este partido, o Emevé conta con Ainara Burgo, Julia Paradela, Paula Lorenzo, Aitana Fernández e Uxía López.

Da outra banda atópanse os mozos de Diego Taboada, que se desprazarán a Madrid para enfrontarse no seu segundo partido de fase de ascenso, ao CV Leganés. Polo que tamén rememorarán a final da Copa Príncipe, esperemos que cos mesmos resultados.

Os rapaces da Superliga 2 Masculino veñen de enfrontarse ao Intansa San Sadurniño, nun partido no que os mozos de Taboada non deron a súa mellor versión, polo que este sábado ás 19:00 horas no Pavillón Emilia Pardo Bazán, tócalles volver demostrar o que son capaces de facer. No probable septeto inicial estarán Antonio Mondejar, Pedro Sánchez, Chema Giménez, Adrián García, Boris Rodríguez, Manuel Blanco e Mario Dovale (Líbero). Como reservas, contarán con Pablo Villar, Alberto Villar, Guillermo de Marcos, Guillermo Avendaño, Jordi Herrero, Álvaro Bustos e Unai Larrañaga.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo