" />

En Galicia só abrirán os servizos de primeira necesidade

O Consello da Xunta vén de decretar o peche de todos os servizos agás os de primeira necesidade. Así, quedarán pechados ao público os bares, cafeterías e restaurantes da Comunidade que só poderán realizar servizos de entrega a domicilio e recollida en local. Salas de festas, discotecas, albergues do Camiño de Santiago, polideportivos e piscinas terán peche completo.

A medida, anunciada polo presidente do executivo, Alberto Núñez Feijóo, non inclúe as tendas de alimentación, gasolineiras, farmacias e supermercados, nos que venden produtos de primeira necesidade.

O Presidente chama á calma e pide que se faga caso ás recomendacións médicas e, na medida dp posible, non se saia da casa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo