En Marea pide mellor atención sanitaria nos Ancares

En Marea xa fixera no seu día preguntas sobre a dotación do centro de Navia de Suarna e as dificultades dos seus traballadores para atender correctamente á poboación diante da falta de material e a escasez de persoal neste centro. Pero a Consellería de Sanidade contestou ás preguntas de En Marea con datos do centro de saúde da parroquia viguesa de Navia, en lugar dos correspondentes ao situado na localidade de Navia de Suarna.

En Marea considera deficitaria a atención sociosanitaria que se presta na serra dos Ancares e por iso presentou no Parlamento de Galicia varias iniciativas encamiñadas a solventar as carencias de atención xa coñecidas na serra dos Ancares e a recoñecer de maneira ampla as necesidades de toda a poboación da montaña. As dúas medidas principais que pide En Marea son as da dotación de persoal e material sanitario para que o centro de saúde de Navia de Suarna poida atender a toda a poboación da contorna e que a Xunta asuma a realización dun estudo de necesidades sociosanitarias para Os Ancares que detecte, para despois corrixir, as carencias de atención de toda a contorna. Paula Vázquez Verao, deputada por Lugo, defendera estas iniciativas e a PNL sobre o estudo das necesidades da atención sociosanitaria na montaña.

Desde En Marea insta á Xunta a atender as necesidades sociosanitarias das zonas de Montaña, ademais de comprobar no mapa de Galicia onde está situado o Navia de Suarna, para que esta confusión non represente un exemplo da ignorancia e o  abandono que o goberno galego ten coas áreas de Montaña.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com