En Marea pide no Congreso que se instalen paneis informativos na A-6 e na A-8 sobre a Muralla

En Marea vén de presentar no Congreso dos Deputados unha proposición non de lei e unha iniciativa parlamentaria na que instan ao Goberno central a instalar de imediato paneis informativos sobre a Muralla de Lugo nas estradas de titularidade estatal como a A-6 e a A-8, tal e como se fai noutras partes do estado en relación a monumentos ou ciudades Patrimonio da UNESCO.

O deputado de En Marea por Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello, resalta nas súas iniciativas parlamentarias a importancia histórica, patrimonial e cultural da Muralla de Lugo, declarada Patrimonio da Humanidade no ano 2000, e irmanada coa Grande Muralla Chinesa. A este respecto, Vello salienta as características da Muralla de Lugo que foi construida hai 17 séculos, mide máis de dous quilómetros, conta con dez portas e permite camiñar por todo o seu traxecto.

“Temos que lamentar que non se poña en valor este monumento por parte, neste caso, da Administración central. Existe unha total desinformación sobre a Muralla se circulamos polas vías de competencia estatal preto de Lugo”, sinala Fernán Vello.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo