" />

Encargada a redacción do proxecto de mellora da estrada paralela ao campo de fútbol municipal ata a ponte de Feve en Ribadeo

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, mantivo este martes no Pazo de San Marcos un encontro institucional co Alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, no que lle informou da decisión de encargar aos técnicos da institución provincial o inicio inmediato dos traballos de redacción do proxecto para a mellora da LU P 5207, a vía provincial que discorre polo ámbito urbano da vila ribadense, concretamente o treito que vai paralelo ao campo de fútbol municipal ata a ponte de Feve, no barrio do Covo, pertencente á parroquia de Ove.

Este proxecto dá responda a unha necesidade amplamente demandada, tendo en conta que esta estrada é moi frecuentada por viandantes, sobre todo rapaces e rapazas que acoden aos entrenos do campo que ten o Concello ao pé da vía do tren, en Ove, o que, con noite ou con mal tempo, faino especialmente perigoso cando se cruzan vehículos e peóns.

Segundo informou o Presidente, os técnicos da Deputación desprazaranse nos vindeiros días a Ribadeo para iniciar a redacción dun proxecto para mellorar a seguridade viaria, tanto de condutores como de peóns, que contemplará a dotación dunha capa de aglomerado asfáltico e a construción de beiravías, así como a ampliación da ponte de Feve coa instalación dunha pasarela voada.

Este proxecto deberá contar coas autorizacións pertinentes, como é o caso de ADIF, que depende do Ministerio de Transportes, para proceder seguidamente á licitación dos traballos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo