Enfrontamento directo no municipal

Este sábado ás 17:00 horas no Pavillón Municipal de Lugo, as mozas de Jose Valle do CV Emevé, enfróntanse a un rival directo na clasificación. O DSV CV Sant Cugat viaxa a Lugo co mesmo fin que as locais: conseguir a primeira vitoria na súa marcadora para saír das últimas posicións da táboa.

As catalás, décimas na clasificación, e as lucenses, undécimas, realizarán un gran duelo que vai caer ao lado que máis garra e forza poña na pista. Jose Valle, sabe que é un partido que hai que gañar e poder seguir optando a estar entre os equipos de media táboa. As lucenses seguen demostrando, a pesar das derrotas, que o seu xogo é estable e ordenado, realizando un bo xogo que está en aumento cada semana.

O septeto inicial da xornada pode ser: María Sanjurjo, Laura Villasante, Natalia Aispurúa, Irene Yáñez, Lucía Prol,
Tea Andri’c e Eliana González ( Líbero). Como reservas actuarán: Carmen Saá, Alba Pizarro, María Aguiar, Aitana Fernández, Paula Lorenzo, Uxía López e Julia Paradela.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com