" />

Entran a vivir os primeiros usuarios da Residencia da Deputación en Pedrafita do Cebreiro

Esta semana entran a vivir 13 usuarios e usuarias do Centro de Atención a Maiores da Deputación en Pedrafita do Cebreiro, os primeiros deste novo centro provincial. Durante a última semana estivéronse facendo preingresos, un proceso no que os futuros residentes coñecen as instalacións e toman contacto co persoal antes de quedarse a residir de maneira definitiva. Agora, os ingresos faranse de xeito progresivo ata completar as prazas, en función das circunstancias de cada usuario.

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao Alcalde de Pedrafita do Cebreiro, José Luis Raposo, inauguraron este centro que leva o nome de Manuel Villasol. O mandatario provincial sinalou que a posta en marcha desta dotación social “cumpre cunha reivindicación histórica do Concello e dos veciños e veciñas de Pedrafita do Cebreiro. Abrindo esta residencia ofrecemos unha dotación de calidade ás persoas maiores, moi esperada e demandada, que marcará un antes e un despois na vida deste concello porque cumprirá dúas funcións moi importantes, unha social e outra económica”.

O novo centro, que conta con 30 prazas de residencia e 20 de centro de día, está situado no centro da vila de Pedrafita do Cebreiro, concretamente, na Praza de España, a carón da casa consistorial, e conta cunha superficie útil de 1.731 metros cadrados divididos en tres plantas.

No soto están atópanse os servizos de lavandería, caldeiras ou os vestiarios dos traballadores. Na planta baixa, estarán os espazos comúns, como a sala de rehabilitación, a enfermería, o salón de actos ou a sala polivalente. Na planta media, sitúase a cociña e o comedor, así como varias habitacións. Na terceira, atópanse o resto de habitacións e baños. En canto á función económica, José Tomé explicou que o centro de maiores “crea 25 postos de traballo directos, aos que hai que sumar os indirectos e o efecto multiplicador da súa actividade. Por exemplo, na cociña utilizaranse produtos de proximidade para favorecer unha alimentación de calidade e, ó mesmo tempo, axudar á economía local”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Anónimo
    Xuñ 15, 2021 - 08:06 PM

    Anda que o das “obras de arte” colgadas das perchas é tendencia artística o parecer.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo