Entrega do premio do XLV Certame Literario de Vilalba

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, acompañado do Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, e a Alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro Fernández, participaron na entrega do premio do XLV Certame Literario de Vilalba, que tivo lugar no marco da celebración das festas patronais na honra de San Ramón e Santa María da capital chairega.

O galardón deste premio de poesía en galego foi entregado ao vilalbés Xosé Manuel Barrera Vázquez pola súa obra Poema da rúa das aves, que resultou gañador neste concurso no que participaron 36 libros. O Certame Literario de Vilalba naceu no ano 1975 para premiar o mellor poemario inédito escrito en lingua galega. Está dotado con 7.000 euros en metálico e leva consigo a publicación da obra seleccionada.

No acto de entrega do galardón tamén participaron, entre outras autoridades, a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez López, e os expertos literarios que formaron parte do xurado; Darío Villanueva Prieto, membro da Real Academia Española, o Catedrático de Historia Ramón Villares, o xornalista Xulio Xiz e o director do Grupo de Radio Principal, Fidel Fernán.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo