Equo concorrerá xunto a ACE-EU nas vindeiras eleccións municipais de Lugo

A candidatura de unidade popular Alternativa Cidadá de Esquerdas suma ao partido ecoloxista Equo á súa coalición con Esquerda Unida para concorrer ás vindeiras eleccións municipais. Participarán nos comicios locais baixo as siglas ACE-EU-Equo cunha lista encabezada polo actual voceiro de ACE-EU e concelleiro Carlos Portomeñe. A lista completa se presentará nun acto público o vindeiro martes 23 de abril. Óptase pola fórmula de coalición electoral por resultar a máis acaída para expresar a unidade sen renunciar á diversidade ideolóxica.

Os principais eixos programáticos da lista de integración entre Alternativa Cidadá de Esquerdas, Esquerda Unida e Equo serán unha nova planificación urbanística que mellore o espazo público e respecte o patrimonio natural e histórico, o redeseño estratéxico de toda a mobilidade para que sexa tanto útil como ecolóxica e integre a contorna urbana coa rural, a inclusión social, a rexeneración da administración local para dar carpetazo definitivo ás prácticas clientelares e corruptas, a recuperación de servizos públicos, a xustiza fiscal e o protagonismo do feminismo e o ecoloxismo de xeito transversal en tódalas áreas de goberno.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo