EQUO Galicia concorrerá ás eleccións nas catro provincias

EQUO Galicia, representante do Partido Verde Europeo en Galicia, decidiu concorrer a estas eleccións coas súas propias siglas, “impulsando unha candidatura baseada no ecoloxismo e o decrecentismo que poida facer fronte ás crises social, económica, política, medioambiental e climática. Aportando solucións ante a incapacidade e o desinterese do goberno actual da Xunta de Galicia para enfrontar os moitos retos que se nos apresentan no horizonte” sinalan.

Para a formación política “chegado a este punto de inacción e mala xestión, precísanse urxentemente novas formas de facer política, máis participativas e horizontais, nas que se traballe por un novo modelo económico e produtivo compatible co medio ambiente, poñendo a ecoloxía no centro da acción política”.

Para EQUO Galicia “a situación de maltrato e desleixo cara o noso medio natural, explotado e desaproveitado ao mesmo tempo, precisa da implantación de estratexias e plans pensando no curto e no longo prazo”.

EQUO Galicia preséntase nas catro provincias galegas.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Luis Díaz
    Mar 06, 2020 - 11:57 PM

    Estos, saltando de flor en flor, deron ca herba, a ver qué fan con ela.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com