EQUO Galicia esixe á Xunta os informes técnicos nos que se basea a autorización da caza do xabarín durante o estado de alarma

Estes días a Xunta ven de autorizar a caza do xabarín en pleno estado de alarma pola crise sanitaria. En EQUO Galicia, pensamos que esta é unha medida indignante deseñada soamente para contentar as Federacións de
Cazadores e que as razóns aducidas son excusas para poder autorizar esta actividade. Vimos, por este motivo, de solicitar formalmente á Consellería de Medio Ambiente os informes técnicos nos que se basea a decisión  de autorizar as batidas.
Dende a nosa formación política, entendemos que estas actividades non son prioritarias durante o estado de alarma, ademais de que a caza non pode ser un método aceptable como xeito de control da poboación de animais salvaxes xa que hai moitas formas non cruentas de protexer os campos e evitar os accidentes de tráfico.
Por unha banda, se aduce que os xabaríns son perigosos xa que poden provocar accidentes nas estradas. Ante isto, nós propoñemos que se melloren as medidas de prevención con elementos disuasorios luminosos
ou a xeneralización do doble valado reforzado, delimitación de zonas con recursos olfativos, comedeiros forestais, control das fontes de alimentos ou a mellora dos espazos naturais onde se lle proporcionen recursos e
cobixo. Todo isto faría que a fauna non se desprazase a zonas urbanas, vías de comunicación nin zonas de cultivo.
Todos estes métodos serían tamén efectivos para protexer á actividade agrícola, que é outra das razóns que se aducen. Na nosa opinión,  os labregos están hoxe moito máis afectados polos peches dos mercados de proximidade non sedentarios que polos propios, que, como xa expresamos, poden ser controlados doutros
xeitos. Queremos lembrar ademais, que as especies salvaxes deben ter o seu propio espazo e a conservación dos ecosistemas é necesaria. A recuperación do monte tradicional galego e a deseucaliptación sería unha
medida moito máis efectiva á hora de manter aos xabaríns lonxe dos cultivos, estradas e asentamentos humanos, xa que proporcionaría o sustento que estes animais precisan.
Como vemos con esta pandemia, a protección destes espazos frea a propagación de enfermidades de transmisión de animal a humanos como é o COVID-19.

 

Imaxe: Pixabay

Novas relacionadas

  1. Marola Canto Arena
    Abr 28, 2020 - 09:12 AM

    Autorizar la caza? Vergonzoso

    Reply
  2. José Manuel González Díaz
    Abr 26, 2020 - 12:37 PM

    Saen máis caros os políticos qué os jabalís,
    Quen sobra neste país?

    Reply
  3. Alejandro Gonzalez
    Abr 26, 2020 - 11:51 AM

    HAY QUE CAZARLOS SON UNA PLAGA ,DARLES CON BALLESTAS POR EL CULO

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com