" />

Estabilidade xeral nos distintos baremos da covid, cun paciente menos en planta, 12 altas médicas e 11 positivos detectados

Se algo destaca na última xornada con respecto á covid é a estabilidade. Os distintos baremos que manexa o SERGAS para avaliar a repercusión que o virus está a ter nas distintas áreas sanitarias, prácticamente se mantén en Lugo nas mesmas cifras que o día anterior. 

Así, en canto ao baremo máis importante, o que marca a incidencia, na xornada de onte se rexistraban un total de 168 casos activos, tan só un menos que o martes. Esto débese, segundo se desprende do último informe do SERGAS, ao descenso de altas: 12 nas últimas horas; e o mantemento dos positivos detectados que hoxe volven ser 11. Esto deixa un descenso máis leve que o da xornada anterior na que se ben se rexistrara o mesmo ritmo de contaxios, as altas médicas elevábanse ata as 25. 

Con todo, dende o comezo da crise sanitaria, xa suman 12.284 as persoas que se recuperaron da covid en Lugo. Unha cifra que medra día a día. 

En canto á presión asistencial, o úlimo informe do SERGAS revela que, ata as 6 da tarde de onte, se rexistraban nos hospitais da provincia un total de 9 pacientes covid. Un deles, na UCI do HULA. Por hospitais, o HULA mantense igual que na xornada anterior con 5 pacientes covid en planta de hospitalización. O mesmo ocorre co Hospital de Monforte que continúa rexistrando 2 pacientes covid en unidades convencionais. Pola súa banda, o Hospital da Costa restaba un paciente nas últimas horas e queda cun só caso covid na súa planta de hospitalización.

E estes datos nunha xornada na que o Ministerio de Sanidade da o seu visto e prace a que os menores de 60 que xa tiveran posta a primeira dose de AstraZeneca, poidan recibir a segunda da mesma marca. Cedía así o Ministerio a peticións dalgunhas Comunidades Autónomas que pedían a non obrigatoriedade de inocular Pfizer a este colectivo. Segundo o acordo do Consello Interterritorial de Saúde, os menores de 60 anos que recibiran a primeira dose de AstraZeneca poderán recibir a segunda de Pfizer, pero en caso de que non quixeran esta pauta con dúas marcas diferentes, poderán optar voluntariamente e mediante consentimento informado, pola administración de AstraZeneca tamén na segunda dose. 

Con todo, a ministra Carolina Darias informou de que se terá que aplicar da man do Comité de Bioética que está a realizar un informe xa que, segundo indica a estratexia de vacinación, a marca da vacina non pode ser a elección do usuario nin dos sanitarios. Así e todo, dende o Goberno do Estado continúan defendendo a inoculación de Pfizer como segunda dose para este colectivo menor de 60 anos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo