Este domingo celebrarase a 57 Edición da Travesía Náutica de Foz

A travesía Ría de Foz é unha das probas máis lonxevas do calendario deportivo, e inclúe competicións para as modalidades K-1, K-2, C-1 e C-2, nas categorías cadetes, xuvenís, senior e veteranos, todas en distancias de 1200 metros. Nas competicións participan tanto mulleres como homes.

Este domingo, 25 de agosto, a Travesía Náutica de Foz que conta co patrocinio da Xunta de Galicia, aspira a reunir a arredor de 400 piragüistas de distintos clubs galegos e asturianos.

O delegado da Xunta, aproveitou a súa intervención para gabar o traballo que desenvolve o club Kayak de Foz, anfitrión do encontro, que se destaca por ser berce de palistas moi destacados como o campión galego Xoel García (campión de España xuvenil e que recentemente participou no mundial de Bulgaria) ou Iago García (que obtivo a medalla de ouro no campionato galego infantil e de bronce na cita nacional).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo