A XXIII edición do Lumenovo, a auténtica festa do Becerro ao espeto, celebrarase no barrio da Piringalla este domingo.
A conselleira de Medio Rural, María José Gómez, e o delegado territorial da Xunta, Javier Arias mantiveron un encontro cunha nutrida representación da Asociación de Veciños, co seu presidente, Ricardo Varela, xunto a César Dorado, presidente de ACRUGA. Esta entidade doa un dos becerros que serán degustados por todos os veciños que se acheguen na noite de San Xoán. Este becerro súmase a outro cedido, ambos da IXP Ternera Gallega, co obxectivo de impulsar a carne galega de calidade diferenciada.
A cita do domingo comezará ás 20.30 horas coa distribución das racións de becerro, pementos e bebidas. A partir das 22.00 horas haberá verbena coa orquestra Súper Top e a medianoite prenderase a fogueira do San Xoán.