Esta mañá tivo lugar a presentación IV Festa do barrio da Tinería, en Lugo, que se celebrará o vindeiro sábado 7 de xuño.
O festexo desenvolverase de 12.00 a 00.00 horas e inclúe actividades para todos os públicos. A música terá un papel protagonista, coas actuacións en directo de Lola de Simón & The Swing Peaks e Gin Toni’s. Tamén haberá sesións de DJs con Aloe Perra e Celex (Facela Fest) e un divertido Karaoke con Esteban. A Tinería recibirá ademais a visita da Lilicleta, un antiguo triciclo de reparto de leite transformado nunha discoteca a pedais que foi xa todo un éxito durante a primeira Festa da Primavera que se celebrou no barrio no pasado mes de abril.
A cuarta edición da Festa da Tinería ofrecerá tamén distintos obradoiros, abertos ao público, no que os participantes poderán aprender a facer figuras de papel maché e a elaborar follas de coiro da man de Marga Portomeñe e Tres Caracoles.
Nas rúas Tinería e Miño instalarase un mercadiño de artesanía e o festexo contará ademais con postos de comida nos que se poderán adquirir bocadillos e xeados artesáns.