Os cines Codex estrean esta tarde os filmes “SÓ PARA MIN” e “MARCELLO MEU”
“SÓ PARA MIN”, filme francés onde a súa directora, Valérie Donzelli, nos ofrece a súa mellor película ata agora, nun filme que sintoniza con estes tempos de empoderamento feminino.
Sinopse: cando Blanche coñece a Greg pensa que atopou o home da súa vida. Rapidamente establecen un vínculo apaixonado no cal se vai entrampando. Malia os seu medos, abandona á súa propia familia e á súa irmá xemelga, pensa que vai ser quen de reinventarse a si mesma. Pouco a pouco decátase de que está cun home posesivo e perigoso a quen non se atreve a denunciar por vergoña, por medo… Atópase ante dúas posibles saídas: ou se derruba ou se libera.
A outra estrea da semana é “MARCELLO MEU”, onde a súa actriz principal “Chiara Mastroianni” está impecable nunha homenaxe ao seu pai, o protagonista de “Dolce Vita”, o gran Marcello Mastroianni.
Sinopse: esta é a historia de Chiara Mastroianni, actriz, filla de Marcello Mastroianni e Catherine Deneuve, quen, en plena crise de identidade, lembra ao seu pai e decide facerlle unha homenaxe, conectar con el. Entón comeza a vestirse como el, actuar como el, respirar como el, como se renunciase á súa propia identidade. As persoas do seu entorno reaccionan con curiosidade.