Esta semana os Codex Cinema estrearán a película “JONE, A VECES”, película dirixida por Sara Fantova, que no seu debut nunha longametraxe móstranos un filme cunha combinación perfecta de contrastes nun guión perfectamente estruturado.
Sinopse: Jone, unha moza de vinte anos que vive co seu pai e a súa irmá pequena, durante as festas da Semana Grande de Bilbao, vive un verán decisivo: namórase por primeira vez mentres afronta o deterioro e as consecuencias da enfermidade do seu pai.
Asemade os Codex Cinema continúan coa súa programación habitual, destacando dous pases diarios da nova película de Carla Simón “Romería”, estreada o pasado venres 5 de setembro.