Este venres os Codex Cinema estrean os filmes “Caranvan” e “A sombra do meu pai”

Os Codex Cinema estrean hoxe venres 6 de marzo os filmes:

” CARAVAN”,  que introduce mensaxes socialmente sensibles e humanos e fai un retrato honesto sobre a superviviencia.

Dirección: Zuzana Kirchnerová.

Sinopse: unha nai dun neno adolescente que ten síndrome de Down soña cunhas vacacións a soas na casa duns amigos en Italia; pero os plans fracasan e, acompañada polo seu fillo, fai unha viaxe persoal por unha Italia afastada da imaxe turística habitual.

“A SOMBRA DO MEU PAI”, historia dun pai ausente que se reúne cos seus dous fillos pequenos nun momento vital no que todo cambia.

Dirección: Akinola Davies.

Sinopse: a historia transcorre en Lagos, a metrópole nixeriana, durante a crise electoral de 1993. Un pai, ata agora ausente na vida dos seus fillos, pasa un día con eles percorrendo a inmensa cidade mentres a inestabilidade política pon en risco a volta a casa.

Asemade o domingo 8 de marzo ás 20:15h os Codex Cinema proxectará un pase do filme “As liñas descontinúas” na que estará presente a súa directora, Anxos Fazáns  que ao finalizar á proxección fará un coloquio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com