Estudantes de Monforte coñecen as instalacións do novo Servizo de Audiovisuais da Deputación

Un grupo de alumnos do CPR Plurilingüe Fed Torre de Lemos de Monforte inauguraron as visitas guiadas ás instalacións do novo Servizo de Audiovisuais da Deputación. O Voceiro do Goberno provincial, Álvaro Santos, acompañou aos estudantes durante os seu percorrido polo Centro de Produción de Audiovisuais, no que coñeceron os distintos departamentos dunha televisión así como o seu funcionamento, desde as salas de realización e edición ate o arquivo.

Santos Ramos animou aos rapaces a estudar no Centro de Formación de Audiovisuais, o único da provincia que imparte ensino superior de Realización e Produción. O Servizo de Audiovisuais da Deputación continuará co programa de visitas didácticas destinadas especialmente ao alumando dos centros educativos da provincia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo