Ethel Vázquez salienta a mobilización de máis de 180.000 euros en actuacións de restauración en 13 vivendas da ARI de Chantada

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, visitou hoxe a Área de Rehabilitación Integral (ARI) de Chantada coa que Xunta achega un importe de 60.000 euros para estas 13 vivendas que se poderán acoller ás citadas axudas para obras de restauración.

Esta ARI, que engloba parte do casco antigo da vila, xa ten permitido rehabilitar preto de 90 vivendas, desde a súa declaración, hai quince anos, en xuño de 2000. A conselleira lembrou que onte o Consello da Xunta autorizou a sinatura de novos acordos entre Xunta, Ministerio e Concellos que permitirán rehabilitar vivendas en 54 ARIS da Comunidade; entre elas nesta ARI de Chantada.

Estes acordos permitirán investir 28,5 millóns de euros en 1.661 vivendas situadas en 54 áreas de rehabilitación integral de 38 Ethel Vázquez subliñou a aposta da Xunta pola rehabilitación, como unha maneira para facilitar o acceso a unha vivenda digna aos galegos, conscientes de que as ARI se teñen revelado como figuras de grande utilidade para os cidadáns e para os concellos, cobrando aínda maior importancia no caso de municipios pequenos e do rural.

Vázquez explicou que as ARI permiten actuar de forma planificada e ordenada, de acordo coas prioridades que manifestan veciños e concellos. Neste sentido, avánzase en tres obxectivos fundamentais: mellorar as condicións de habitabilidade das vivendas das vilas; frear a degradación daqueles barrios que comezan a resentirse polo paso do tempo; e facer dos espazos públicos lugares máis agradables e atractivos para os seus veciños, co que isto supón na mellora da calidade de vida de todos os cidadáns.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com