EU propón una zona verde e unha delegación da policía local nos terreos da actual estación de autobuses

A agrupación local Esquerda Unida considera positivo o anuncio da Xunta de Galicia de contemplar un intercambiador no terrreno no que se atopa actualmente a Estación de Autobuses, cando esta sexa demolida, tal como xa propoñía no seu programa a candidatura de Alternativa Cidadá de Esquerdas ás recentes eleccións municipais.

Esquerda Unida propón “realizar un completo proxecto urbano que mantería un intercambiador intermodal nesa ubicación, para que permaneza unha conexión de autobuses céntrica, algo que a cidadanía lucense demanda”. Dito intercambiador asumiría o transporte de autobuses metropolitanos ou comarcais rurais (conectan os núcleos coas capitais provinciais), o de visitantes, o municipal urbano, o municipal rural e unha parada de taxis. Para afondar na mellora da mobilidade sostible e fluída, ao mesmo tempo, Esquerda Unida propón “ampliariar o número de prazas do aparcamento subterráneo actual, redeseñándoo para agrandar as prazas actuais onde sexa necesario; e se construír un aparcamento cuberto ou subterráneo para bicicletas e motocicletas que inclúa un punto de aluguer de bicicletas eléctricas municipais”.

Carlos Portomeñe explica que “Non temos por que renunciar á intermodalidade para manter o servizo necesario que aporta contar cunha estación de autobuses céntrica. Cun intercambiador, que non consiste en máis que nunhas dársenas ben plantexadas, a xente de dentro de fóra de Lugo poderá seguir subindo e baixando de calquera bus nesa privilexiada ubicación”. “Nexte proxecto urbano debemos garantir que o proxecto de Intermodal non sexa especulativo, tal como veñen propoñendo ata agora PSOE e PP, insistindo de novo en mamotretos residenciais e grandes superficies comerciais que Lugo non precisa, e ignorando as verdadeiras necesidades da cidadanía”.

No lugar do Edificio da Estación de Autobuses, Esquerda Unida propón “situar unha delegación da Policía Municipal que inclúa servizos que requiren dun maior contacto coa cidadanía que vive, traballa ou transita polo centro da cidade, como pode ser a oficina de obxectos perdidos”. Ademais, situaría tamén neses terreos “unha zona verde que integre un barrio de artistas, composto por locais de ensaio para músicos, obradoiros para artistas e artesáns, e locais de ensaio para artes escénicas. Deste xeito trazaríase o eixo urbanístico das artes musicais, plásticas e escénicas; que iría dende o centro cultural do Vello Cárcere ata a rúa Ramón Montenegro, a través da Mosqueira e da praza Mártires de Carral”.

Ademais da delegación da Policía Local e os locais para artistas, Esquerda Unida propoón que “nesta nova zona verde construiráse unha superficie cuberta para actividades ao aire libre os días con choiva, xa que Lugo adolece de falta deste tipo de instalacións a pesares de ser básicas co seu clima chuvioso”.  

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com