Evacuadas 47 persoas en Pantón por mor da proximidade do lume que xa arrasou 350 hectáreas

As medidas de protección á cidadanía activadas nos concellos de Pantón e O Bolo en Ourense pola proximidade de senllos incendios forestais materializáronse mediante a evacuación nuns casos e o confinamento noutros.

Así, en Pantón, onde o lume xa arrasou 350 hectáreas, concretamente nos núcleos de Cibrisqueiros, Frontón e Budián foron evacuadas un total de 47 persoas, isto é, 6 en Cibrisqueiros, 20 en Frontón e 21 en Budián.

Ademais, no Bolo, procedeuse ao confinamento dos núcleos de Lentellais, Santa Cruz e O Bolo e estableceuse o corte de tráfico na OU-533, entre os quilómetros 33 e 38.

Tamén é necesario reflectir que nos núcleos do concello de Pantón, os axentes da Garda Civil continúan controlando outras poboacións por se fose necesario adoptar novas medidas de protección.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com