Evacuado en helicóptero un axente forestal ferido nun accidente no Incio

Un axente forestal resultou ferido esta tarde no Incio tras sufrir un accidente co seu vehículo todo terreo. O sinistro tivo lugar nunha pista forestal da zona de Monteagudo.

Segundo se lle indicou ao 112, o home dirixíase cara á Pobra do Brollón. A vítima foi evacuada no helicóptero medicalizado con base en Ourense a un centro hospitalario.

O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos ás 17:40 horas desta tarde. Decontado, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 informou aos Bombeiros de Monforte, a Urxencias Médicas, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo