Evacúan en helicóptero a unha persoa tras sufrir unha caída co patinete en Castroverde

Unha persoa foi evacuada este venres en helicóptero medicalizado despois de sufrir unha caída cando circulaba co seu patinete no concello de Castroverde. O ferido atopábase inconsciente cando foi localizado por un particular, que alertou ao 112 Galicia.

O accidente produciuse arredor das 09.40 horas na estrada LU-P-1201, á altura do quilómetro 6,5, ao seu paso pola parroquia da Pumarega.

Segundo informou o 112 Galicia, foi un particular quen deu o aviso tras atopar a vítima inconsciente no lugar do sinistro. De inmediato, desde a sala de operacións activouse un operativo no que participaron o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e a Garda Civil.

Unha vez no lugar, o persoal sanitario valorou o estado do ferido e decidiu mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Ourense para proceder ao seu traslado ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), en Lugo.

Polo momento non transcenderon máis datos sobre a identidade da persoa accidentada nin sobre o seu estado de saúde.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com