Excarcerado un home tras envorcar o camión que conducía en As Nogais

Efectivos do GES de Becerreá liberaron esta mañá ao condutor dun camión tras quedar atrapado por un pé despois de envorcar en As Nogais.

O accidente ocorreu sobre as 08:00 horas desta mañá. A esa hora, técnicos sanitarios informaban ao 112 Galicia dun camión accidentado e cunha persoa atrapada no seu interior no pobo de Noceda de Abaixo, pola parte de abaixo da N-VI.

A partir de aí, o CIAE puxo en alerta aos membros do GES de Becerreá, aos Bombeiros de Sarria e aos axentes de Tráfico.

Finalmente, os membros do GES indicaron que a persoa xa fora liberada e estaba sendo trasladada en ambulancia polo persoal sanitario ao centro hospitalario de referencia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo