" />

Éxito de participación nas viaxes en catamarán da Deputación pola Ribeira Sacra

Máis de 1.200 persoas de diferentes partes do Estado, e mesmo doutros países da Unión Europea, desfrutaron das viaxes en catamarán durante a Semana Santa. O nivel de ocupación foi de practicamente o 100%, así o informou o voceiro provincial socialista, Álvaro Santos Ramos, que salientou o éxito de participación das Rutas Fluviais da Deputación na Ribeira Sacra.

“Concretamente, na “Ruta do Canón do Sil”, de Santo Estevo ata o Mosteiro de Santa Cristina, participaron 911 persoas. Na  “Ruta do Cabo do Mundo” no Miño, do embalse dos Peares entre o embarcadoiro de Belesar, no Concello do Saviñao, e á área Recreativa de Maiorga;  participaron outras 320 persoas”.

Santos Ramos lembrou tamén que, despois dunha intensa semana na que os catamaráns estiveron funcionando todos os días, recupérase o horario habitual, polo que hai viaxes de mércores a domingo en Doade e sábados e domingos en Belesar, ás 11:30 horas e ás 16:00 horas.

Asemade, a Xunta de Goberno resolveu a contratación dun desempregado lucense, que estaba inscrito na Bolsa de Emprego da Deputación, nunha empresa da provincia beneficiada do Ben Empregado. Nos vindeiros días comezará a traballar como Técnico en Informática nunha entidade de Mondoñedo. Neste senso, Santos Ramos avanzou que  hoxe publícanse outros 2 novos postos de traballo na Bolsa de Emprego da Deputación. Son un Dinamizador Comunitario para traballar en Lugo, e un mecánico para a Pastoriza. Hai un prazo máximo de 10 días para inscribirse neles.

Asesoramento gratuíto a empresas

O voceiro provincial socialista destacou que hai poucos días, púxose en marcha a Carta de Servizos a Entidades, unha nova prestación de asesoramento gratuíto en impulso do tecido empresarial. Xa son preto de 20 as empresas que solicitaron este servizo completamente gratuíto. As prestacións que se ofrecen son, entre outras, información sobre axudas e subvencións, creación de boletíns informativos, asesoramento legal, asesoramento en tic’s, promoción e impulso do networking interno e externo, así como a importancia da publicidade das empresa ou aforro enerxético e a racionalización do gasto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo