" />

Exposición colectiva no MIHL con obras de sete lucenses

O Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) acolle unha exposición colectiva que baixo o título Achegando Disparidades, serve para pór de relevo a gran variedade de formas, técnicas e estilo da pintura e da fotografía que se practican na cidade luguesa.

O voceiro municipal, Miguel Fernández, foi o encargado de inaugurar este venres a mostra que reúne creacións de 7 lucenses, dende as luminosas paisaxes de Conchita Paz Montenegro ás cálidas abstraccións de Eduardo Sampayo, pasando polas densas figuracións de Gabino Rosario, as visións urbanas e a preocupación humana de Germán García; o surrealismo de Lugilde, o cromatismo de Luisa Paz Montegro e as escenografías fotográficas de Xosé Manuel Otero.

Durante o acto de presentación, Fernández destacou que “Lugo é terra fértil en artistas”, ao tempo que fixo fincapé nas obras que compoñen a exposición, “tan diferentes entre si e tan semellantes na intención de recrear o mundo desde as súas particulares sensibilidades”, formando un obxecto expositivo único que é Achegando Disparidades.

Na exposición poderanse observar diferentes técnicas de creación, tanto en acrílico sobre lenzo, como técnica mixta sobre papel kraft e óleo sobre táboa e sobre lenzo, ademais da técnica mixta kousismo ou papel con bromuro de prata.

Horario da exposición

Achegando disparidades poderase visitar ata finais de xuño de martes a sábado, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, e os domingos, de 17:00 a 20:00 horas. A entrada é de balde.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo