Exposición “Imaxes do Nadal en Vilalba”

O próximo mércores, 2 de xaneiro, na Casa de Cultura de Vilalba, ás 12,00 h., vaise inaugurar a exposición de fotografías IMAXES DO NADAL, con instantáneas dos fotógrafos lucenses Eduardo Ochoa, Miguel Calvo, Eduardo Gago, Miguel Fraga, Xosé Manuel Otero, José Manuel Guisasola, Gerardo Lozano Méndez, Hixinio Flores e Toñi Fernández Ónega (in memoriam). Esta mostra é unha iniciativa do centro cultural José Domínguez Guizán de Begonte (entidade promotora do Belén Electrónico de Begonte) e o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá.

No Nadal de 2017-2018, este conxunto de imaxes ofreceuse ao público en Lugo, Begonte e Chantada, e en próximos anos seguirá percorrendo a Terra Chá como aportación ás festas do Nadal.

As 39 fotografías desta exposición conforman unha perspectiva poliédrica de temas do Nadal, comprendendo visións tradicionais, humanas, paisaxistas… sempre suxerentes e atractivas.

A mostra pode contemplarse ata o próximo 15 de xaneiro na Casa de Cultura vilalbesa.  Na primeira quincena de decembro, estivo exposta na Casa Habanera de Guitiriz, e na última quincena do ano na Casa do Concello de Rábade.

No acto inaugural da exposición, ademais de representantes do Concello de Vilalba que colabora na organización, participarán o Alcalde de Begonte, José Ulla Rocha; o Presidente do Centro cultural begontino, Jesus Domínguez Guizán; o Presidente de Fonmiñá, Xulio Xiz; o responsable de Fotografía do Grupo e coordinador da mostra, Eduardo Ochoa; e varios dos fotógrafos autores das obras expostas.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com