Exposición “Manuel Rodríguez López” no Cenima de Foz

Este luns, ás 12,00, será inaugurada no Cenima (Centro de Interpretación da Mariña) de Foz, a exposición “MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, emigrante galego-poeta obreiro”,  promovida por Galicia Digital e a familia do escritor, co apoio do Concello de Paradela, Deputación provincial e Xunta de Galicia.

A exposición, formada por 8 paneis dobres, reflicte a traxectoria vital e como poeta e narrador do escritor de Paradela, onde o concello o ten declarado Fillo Predilecto, a casa da Cultura chámase Manuel Rodríguez, e o Certame co seu nome chega á XXV edición.

Esta mostra, que a mediados de setembro visitará o Centro Galego de Sevilla, ten percorrido desde 2013 arredor de medio cento de localidades e cidades de Galicia, resto de España e Portugal.

Na inauguración participarán o Alcalde de Paradela, José Manuel Mato; Santiago Rodríguez, fillo, en representación da familia, e Antonio Giz, Director de Galicia Digital, e o cantautor de Becerreá residente en Barcelona, Alfredo González Vilela, que interpretará cancións con letra de Manuel Rodríguez, ás que lles ten posto música e incluído no seu repertorio habitual.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo