" />

Fabiola García: “Lugo contará cun dos mellores centros de atención ás persoas maiores de Europa”

Os candidatos do PP ao Senado, José Manuel Barreiro, e ao Congreso, Joaquín García Díez, acompañaron á conselleira de Política Social, Fabiola García, na súa visita á cidade de Lugo onde coñeceu de primeira man o traballo e as iniciativas que realizan dende a asociación Down Lugo e se reuniron cos veciños e veciñas do barrio da Residencia para abordar o novo proxecto que está a desenvolver a Xunta nos terreos do antigo Xeral. Tamén participou o voceiro, Ramón Carballo, e outros membros do Grupo Municipal do Partido Popular.

A conselleira informou durante esta visita que se destinarán máis de 33,8 millóns de euros para o proxecto integral que se desenvolverá no barrio e que inclúe o primeiro Centro Integral de Saúde (CIS) de toda Galicia, unha Oficina de Emprego e Formación, un Centro de Emprendemento centrado na industria aeronáutica, unha central de Biomasa e o centro público de atención integral ás persoas maiores, no que está a traballar a Consellería de Política Social da man da Fundación Amancio Ortega.

Neste sentido, salientou Fabiola García que no novo barrio da Residencia, “Lugo contará cun dos mellores centros de atención ás persoas maiores de Europa”. Trátase dunha residencia de primeirísimo nivel, na que se investirán 12 millóns de euros, contará con 12 prazas públicas e que creará 115 postos de traballo no sector dos coidados.

En relación cos proxectos para o barrio da Residencia, José Manuel Barreiro, candidato ao Senado, declarou que “a da Residencia vai ser a maior transformación experimentada por Lugo nos últimos cincuenta anos e débese exclusivamente ao esforzo inversor da Xunta de Galicia, presidida por Alberto Núñez Feijóo».

Á súa vez, Joaquín García Díez, candidato ao Congreso, manifestou que «nosotros, los candidatos del PP, lo que hacemos es hablar con la gente de los problemas que de verdad le preocupan; otros, lo que hacen es abordar cuestiones sin más calado que el propio interés electoral. Nosotros hablamos de rebaja de impuestos y podemos demostrar que es así donde gobernamos. Hablamos de políticas sociales y de las propuestas de leyes que necesitan los ciudadanos, como por ejemplo la proposición de Ley Orgánica contra la ocupación ilegal y para la convivencia vecinal y la protección de la seguridad de las personas y cosas en las comunidades de propietarios. Hablamos de lo que importa a los ciudadanos».

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Lucia Barcelos
    Nov 02, 2019 - 08:36 PM

    ,,,,,,,?????

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo