Falece Luisa Zarzuela, edil de Lugo entre 2003 e 2011

Luto na cidade de Lugo tras o falecemento da que fora edil socialista entre os anos 2003 e 2011, Luisa Zarzuela. A alcaldesa Lara Méndez, en nome do executivo local, lamentou o falecemento da ex concelleira, entre outros cargos, de Servizos Xerais entre os anos 2003 e 2011.

Como presidenta da Corporación, a rexedora, Lara Méndez fixo públicas as condolencias de todo o equipo de goberno e quixo transmitir “toda a nosa solidariedade e o noso afecto, nestes momentos tan difíciles, á súa familia e ás persoas achegadas á nosa compañeira, así como á militancia do Partido Socialista, organización dende a que Luisa Zarzuela consagrou unha parte importante da súa vida, con xenerosidade e de forma incansable, á defensa dos dereitos sociais e á mellora das condicións de vida da cidadanía lucense”.

Luisa Zarzuela adicouse profesionalmente á sanidade e tivo cargos en UXT.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com