" />

Falece una persoa ao ser arrolada por un tren

Unha persoa perdeu a vida a primeira hora desta mañá en Lugo ao ser arrolada por un tren. Ocorreu na entrada da estación de Lugo, no punto quilométrico 431,800, entre a Ponte da Chanca e o paso superior da N-640.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao fío das 7:20 horas, a través do persoal de Adif.

Nada máis recibir o aviso, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Lugo, da Policía Local e Nacional e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da cidade.

Unha vez no lugar, os servizos sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento da persoa arrolada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo