" />

A Fapacel entrega os premios do VI Concurso de Postais de Nadal

A Fapacel (Federación de ANPAS de Centros de Ensino Público da provincia de Lugo) celebrou esta mañá a entrega dos premios do VI Concurso de Postais de Nadal, organizado pola propia federación coa colaboración da Deputación e que tivo lugar na Sala dos Mosaicos do Museo Provincial de Lugo. O Executivo Provincial colabora coa FAPACEL cunha achega económica de 10.000 euros para a celebración de diversas iniciativas escolares na provincia durante todo o ano.

Nesta VI edición do Concurso de Postais de Nadal participaron preto de 130 alumnos de toda a provincia, dos cursos de infantil e primaria. O mestre de cerimonias da entrega de premios foi Rubén Pombo e a animación musical correu ao cargo do grupo Axeigo.

Os gañadores das tres categorías foron, nos infantís, Xulieta González do CEIP Eduardo Vila de Triacastela, Na categoría de Primaria I (entre o primeiro e o terceiro curso) o gañador foi Pablo Lamas, CEIP de Paradai de Lugo e tamén de Lugo o premiado no galardón de entre o cuarto e o sexto curso de primaria, o alumno Antón Avilés do CEIP de As Mercedes.

A Federación de ANPAS de Centros de Ensino Público da provincia de Lugo é unha asociación de ANPAS que defende e promulga un modelo de escola pública, participativa, integradora, laica, pluralista e que eduque na diversidade, na tolerancia, na solidariedade e sen discriminación por razóns éticas ou de sexo. Dende o ano 1980 esta federación, formada por máis de 100 ANPAS de toda a provincia, ven traballando, de forma voluntaria, coa finalidade de contribuír a mellorar a educación dos seus fillos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo