A Federación de Asociacións de Veciños de Lugo demanda máis prazas en residencias da 3ª idade

O vicepresidente 1º da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, José Manuel Carballo, ven de emitir un comunicado onde declara que, “ a Federación acordou solicitar unha entrevista co Conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, co fin de estudar a conveniencia de aumentar o número de prazas nas residencias da 3ª Idade na área de Lugo. Para elo enviouse  unha solicitude, con data 24 de Novembro de 2015, que  foi contestada agora, e onde nos invitan a reunirnos coa Directora Xeral Coro Piñeiro, cando nos solicitaramos a reunión co conselleiro”, subliñou  Carballo.

Na área de Lugo, cunha poboación moi envellecida, increméntase  cada ano a demanda de prazas e en vinte cinco anos non se aumentou a oferta, manifestou.

“A isto hai que engadir que a renda media dos cidadáns, non permite pagar os mil cincocentos euros que custa, de media, unha praza en residencia privada”, polo que é necesario máis oferta pública. Para falar deste tema, como diciamos, “a Federación enviou  unha solicitude, con data 24 de Novembro de 2015, que non foi contestada agora, e “onde nos invitan a reunirnos coa Directora Xeral Coro Piñeiro, cando nos solicitaramos a reunión co conselleiro” subliñou Carballo. Ante isto, o representante vecinal declara que, “publicamente queremos pedirlle que estude a situación de Lugo, que é alarmante polas súas carencias desde moitos puntos de vista e acceda á entrevista solicitada coa súa persoa (xa que é con quen pretendemos falar), onde lle expoñeriamos o estudo do que dispoñemos e que debe marcar un antes e un despois nas prestacións sociais en Lugo, por parte da consellería que dirixe”.

“Lugo conta con espazos públicos e con instalacións para levar a cabo un programa de novas residencias e de atención á terceira idade, tamén con máis centros de día. Aquí é onde queremos ver o seu compromiso coas políticas sociais e non unha formulación de marketing político”, rematou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com