" />

A Feira do Libro de Mondoñedo achega as novidades editoriais nun contexto de ocio para maiores e pequenos

O Goberno local de Mondoñedo agradeceu esta mañá que o calendario de Feiras do Libro de Galicia incorpore este ano á cidade de Mondoñedo, que acollerá a celebración da súa Feira do Libro a vindeira semana, en concreto, os días 24, 25 e 26 de xullo, durante os que se desenvolverá un programa de actividades a través do que se acerca a
lectura á cidadanía, ao tempo que se presentarán novidades editoriais dentro dun contexto de ocio con actividades para os maiores e os máis pequenos.

A voceira do Goberno local, Ángeles Rodríguez, participou esta mañá no acto de presentación deste encontro feiral que chega a Mondoñedo o luns, martes e mércores e que, segundo explicou, “os autores, creadores, libreiros e amantes da lectura terán como punto de encontro un dos enclaves máis prezados da nosa localidade, a rúa da Fonte, onde se localiza a nosa Fonte Vella, da que tanto escribiu un dos nosos escritores, Álvaro Cunqueiro Mora”.

“Álvaro Cunqueiro xunto a outros grandes poetas e escritores que naceron nesta cidade e percorreron estas rúas colocan a Mondoñedo nun lugar destacado dentro do patrimonio cultural e literario galego e nacional”, precisou a voceira, quen tivo palabras de eloxio para o potencial literario que “sempre inundou a nosa localidade”.

Desde o Goberno local destacan a importancia destas feiras como espazos para a lectura, a cultura e a educación. “Trátanse de iniciativas que permiten espertar o interese pola lectura ademais de que se converten en escaparates que axudan a dar a coñecer as novas ofertas do mundo editorial”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo