" />

Felix Villares, pregoeiro do Nadal en Begonte

Felix Villares Mouteira será o pregoeiro do Nadal en Begonte na edición que fai a número XLVIII desde o inicio en 1972 do Belén Electrónico e as actividades que o rodean. O pregón será pronunciado no decurso dunha misa polos amigos do Belén falecidos, que se celebrará o próximo 5 de decembro, xoves, as 18,00h na igrexa parroquia de Begonte.

Feliz Villares Mouteira, nado na parroquia vilalbesa de Belesar, crego e escritor, é coengo da catedral mindoniense, Chanceler da Diocese de Mondoñedo-Ferrol, arquiveiro da Diocese e da Catedral, e responsable do Patrimonio Da diocese. Durante moitos anos foi Director do Seminario Santa Catarina de Mondoñedo, desenvolvendo unha especial actividade nos eidos do deporte e da cultura -sobresaíndo os alumnos do Seminario nos máis diversos acontecementos nestes eidos-, así como tamén no campo do xornalismo coa edición da revista Amencer, dedicada especialmente a temas culturais, sociais e relixiosos.

Precisamente foi nesa revista de Amencer onde xurdiu o nome de “Begonte do Belén” para a localidade begontina polo protagonismo do Belén Electrónico, nun traballo polo que os alumnos do Seminario foron premiados no Certame de Xornalismo que anualmente convoca o centro Cultural José Domínguez Guizán.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo