" />

Ferida de consideración ao envorcar o coche no que viaxaba en Chantada

Unha muller sufriu lesións de consideración logo de envorcar o coche que conducía pola antiga comarcal 533, en Chantada.

O accidente produciuse ás 12:30 horas de hoxe, tal e como indicou o veciño que chamou ao 112 Galicia para dar conta da situación da ferida e e do vehículo. Ante a posibilidade de que estivese atrapada, desde o 112 Galicia pediuse a colaboración dos Bombeiros da localidade, que, finalmente, descartaron intervir debido a que a muller estaba liberada e accesible fóra do vehículo. Igualmente, colaboraron cos sanitarios na estabilización da ferida antes de entrar na ambulancia.

Ademais, no operativo tamén colaboraron os axentes da Garda Civil, que pediron medios de limpeza debido aos restos do accidente que quedaron na vía.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo