Ferida grave unha persoa en Abadín polo golpe dun pau

Unha persoa resultou ferida de gravidade cando estaba a cortar madeira no concello lucense de Abadín. O suceso aconteceu cando o operario recibiu o golpe dun pau, nunha zona forestal do municipio, próxima á estrada N-634. Un particular informou do accidente laboral ao 112 Galicia ás 16:10 horas desta tarde. O persoal do CAE 112 Galicia alertou dos feitos a Urxencias Médicas e á Garda Civil.

O traballador foi trasladado ao Hospital Universitario Lucus Augusti.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com