Ferida unha persoa ao caer co seu vehículo por un terraplén en Foz

Unha persoa resultou ferida ao rematar nun terraplén co vehículo que manexaba en Foz. O accidente tivo lugar na estrada de San Blas, a dous quilómetros da Basílica de San Martiño. Un particular alertaba ao 112 Galicia ao fío das 12:00 horas.

De contado, o 112 Galicia informaba do ocorrido a Urxencias Médicas, aos Bombeiros de Barreiros, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade, á Garda Civil de Tráfico e ao GES de Cervo. A persoa accidentada foi atendida nunha ambulancia no punto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com