Feridas dúas persoas tras envorcar o coche no que viaxaban en Barreiros

Os Bombeiros de Barreiros tiveron que empregar material de excarceración para liberar as dúas persoas que viaxaban nun coche que saíu da vía e envorcou en San Cosme de Barreiros. Ambas foron trasladadas ao centro hospitalario de referencia.

O 112 Galicia recibiu o aviso do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ás 21:25 horas de onte. A información inicial indicaba que podía haber persoas atrapadas no interior do vehículo.

O centro de emerxencias alertou os Bombeiros de Barreiros e a Garda Civil de Tráfico. Tras a intervención, os bombeiros confirmaron que necesitaran utilizar o material de excarceración para liberar os dous ocupantes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com