Ferido de consideración un operario ao ser golpeado por unha vaca nunha gandería en Guntín

Un home que estaba a traballar nunha explotación gandeira en Guntín resultou ferido de consideración esta mañá ao ser golpeado por unha vaca.

Debido ás graves feridas sufridas polo operario, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou un helicóptero medicalizado ata a granxa, situada na parroquia de Ferroi.

Foi ao fío das 12:35 horas cando unha persoa particular alertaba dos feitos ao 112 Galicia e, decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia solicitaron a intervención  do servizo sanitario, da Garda Civil e do GES de Monterroso, que axiña se desprazaron ata a zona para apoiar a aterraxe da aeronave medicalizada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com