Ferido grave un home tras chocar cun camión en Chantada

Un home resultou ferido de gravidade despois de colidir a furgoneta que conducía contra un camión (de transporte de leite) cando circulaban pla LU-P 1002, en A Grade, na localidade de Chantada.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do accidente, pasados dez minutos das 14:00 horas deste mediodía, a través da chamada dun familiar dun dos implicados. Indicaba que había persoas atrapadas.

Así, de inmediato, desde o 112 Galicia pasouse aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Chantada, aos axentes de Tráfico e da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade. Tras a valoración da gravidade, os profesionais sanitarios comunicaron ao 112 Galicia que tamén o helicóptero medicalizado con base en Ourense se desprazaba ata o lugar.

Unha vez no lugar, os Bombeiros, tras unha laboriosa tarefa, liberaron ao ferido que quedara atrapado no interior do vehículo  para, posteriormente, ser trasladado na aeronave ata o centro hospitalario de referencia.

A petición dos axentes, os xestores do 112 Galicia requiriron a intervención do persoal do servizo de limpeza e mantemento da vía.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo