Ferido un home ao caer co seu tractor por un terraplén na Fonsagrada

Un home resultou ferido esta mañá despois de precipitarse por un terraplén co tractor que manexaba no lugar de Monteseiro, no concello lucense de A Fonsagrada.

Tras recibir a chamada dun alertante, dez minutos antes das 11:30 horas, os xestores do 112 avisaron de inmediato aos servizos sanitarios de urxencia, que desprazaron unha ambulancia ao punto.

Ademais, desde o 112 Galicia informouse dos feitos á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com